A definición de tasca no Diccionario da RAG é: "establecemento público onde se serven bebidas, xeralmente de carácter modesto e popular, ou ben de estilo rústico", é añade unha frase a xeito: "polas noitas está sempre na taberna tomando viño ou xogando a partida cos amigos", frase recollida do acervo popular que escenifica a queixa da muller pola vida libertina do seu home. Hoxe quedan poucas tabernas desas que di a RAG que sirvan viño de garrafa ó populacho, e as que hai tiveron que adaptarse ós tempos. Algunhas seguiron o exemplo dos discopubs, mistura entre discoteca e pub, convertindo a tasca en local nocturno. Un exemplo o temos na disco-tasca Taraska de Santiago. Tanto nos discopubs como nas discotascas, una fermosa bola de cristal colgada do teito era dabondo para darlle ese carácter discotequeiro. Noutros casos, a tasca reconvertiuse en pequenos restaurantes xeitosos e abistroitados que ofrecen menús axeitados a petos semivaleiros. Coido que o termo axeitado para tales locais é o de neotascas.
Dúas neotascas que visitamos nos últimos tempos foron Casa Ponte en Juan Flórez e La Buena Sombra en Fernández Latorre, na Coruña. A primeira, máis enxebre, conserva ben o seu pasado tabernario, mentres que a segunda reformouse para se convertir en neotasca. Comer, cómese ben nas dúas, e na hora do pagamento non deixas á nomina enriba da mesa. Gustoume moito o trato profesional de La Buena Sombre e a súa selección de viños.
Google maps
miércoles, 21 de abril de 2010
viernes, 5 de marzo de 2010
O último cocido
Cocido anual cos colegas. Lugar elexido para o acontecemento: restaurante La Casilla, en Betanzos dos cabaleiros. É La Casilla unha casiña -velaí o nome do establecemento- de dous pisos que ten unha terraza ben xeitosa para o verán. Enfronte, unha macro-discoteca onde aparecera nunha ocasión un équido atado ás portas, cousas veredes.
Xa encargáramos o cocido así que o único que había que facer era elixir o viño. A carta de viños non estaba moi actualizada, aínda que non pode decirse o mesmo dos prezos. Finalmente tomamos un Protos por doce euros a botella que cadrou ben ca comida.
Cando comenzaron a chegar as fontes do cocido, servidas con rapidez por unha veterana camarera, alguén dixo ¿onde vai a sopa?. Non había sopa!!!, abraiante. Menos mal que o resto estaba de morte, aínda que non acaba de convencerme o feito de cortar o lacón en grandes lonchas. En fin, acabáronse os cocidos por este ano. Buscaremos outro sitio para o ano que ven.
Google maps
Xa encargáramos o cocido así que o único que había que facer era elixir o viño. A carta de viños non estaba moi actualizada, aínda que non pode decirse o mesmo dos prezos. Finalmente tomamos un Protos por doce euros a botella que cadrou ben ca comida.
Cando comenzaron a chegar as fontes do cocido, servidas con rapidez por unha veterana camarera, alguén dixo ¿onde vai a sopa?. Non había sopa!!!, abraiante. Menos mal que o resto estaba de morte, aínda que non acaba de convencerme o feito de cortar o lacón en grandes lonchas. En fin, acabáronse os cocidos por este ano. Buscaremos outro sitio para o ano que ven.
Google maps
domingo, 7 de febrero de 2010
Moito máis que unha viñoteca
Fai anos descubrín un local na Avenida Calvo Sotelo da Coruña que asemellaba dende fora unha viñoteca máis. Tratábase do Kata9 e a primeira vez que comín alí tiven unha experiencia difícil de esquecer. Despóis dun día cheo de paparotas non puiden rematar o segundo prato na cea, un esquisito carpaccio de polvo. Jose, o cociñeiro, cando chegou o prato á cociña non quixo cobrarmo a pesar de xurarlle que o deixara por enchenta e non por gusto.
Este sábado sabadete volvín despóis de moito tempo a cear para celebrar os estupendos 43 anos de Esther. A decoración, a amabilidade de Vanesa, e o ambente acolledor seguían sendo os mesmos. Pedimos raviolis recheos de pato de primeiro e lomo baixo para Esther e bacallao confitado para min de segundo. Todos os pratos tiñan unha presentación moi coidada, con aromas mediterráneos e árabes que lles daban un toque diferente
Mención aparte merece o viño. Como viñoteca que é, o Kata9 dispón dunha cuidada selección de viños, tanto nacionais como estranxeiros. Agradécese que o Rioxa non acapare a carta, como pasa en moitos sitios, unha queixa que sempre está nos beizos de Xaquín. Queríamos probar un viño chileno, e deixámonos aconsellar por Vanesa. O resultado foi un Viu Manent reserva de Cabernet Sauvignon. Soberbio é pouco decir.
Despóis dun sorbete de mandarina para baixar a cea e uns cafés pedimos a conta. 76 pavos en total. Ben os merecían.
viernes, 5 de febrero de 2010
Laconada con Lugrís
Non podíamos empezar este blog de mellor xeito que falando da nosa experiencia, case relixiosa, no restaurante La Bottega. Atópase na zona de viños e parrandas da Coruña, na rúa Olmos, a un paso dos Cantóns e do Obelisco, santo e seña do coruñesismo militante.La Bottega recolleu a testemuña do seu antecesor Fornos, un restaurante de aqueles de-toda-a-vida, aínda que ten un público moi distinto. A carta, chea de ensaladas e pastas, atrae a traballadores dos comercios de moda, parellas de feito e de posibles, rapazada entrada nos trinta e larpeiros coma nós.
Na entrada, un ambente romántico con lampadas de pé nas mesiñas, unha acollida amable e despois... ó noso carón contemplamos apampados un mural que parece de Urbano Lugrís, famoso pintor surrealista coruñes (1908-1973). Logo de ter examinado a fermosa pintura comprobamos que é auténtica, e que está alí, na zona de fumadores do restaurante, manda carallo!!
Pasando ó que é a paparota en si mesma, e despois de ler a carta que asemellaba o códice calixtino, decantámonos, como case sempre, polo menú, aínda que esta vez non tiñamos outra, había laconada. Tras uns minutos de silencio cómplice, quedamos en que o lacón, os grelos e a media pataca estaban esquisitos, aínda que sobraban os garavanzos, como comprobaría máis adiante nas miñas propias carnes.
Todo foi por 15 euros por barba. Como dixo McArthur, volveremos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)