Non podíamos empezar este blog de mellor xeito que falando da nosa experiencia, case relixiosa, no restaurante La Bottega. Atópase na zona de viños e parrandas da Coruña, na rúa Olmos, a un paso dos Cantóns e do Obelisco, santo e seña do coruñesismo militante.La Bottega recolleu a testemuña do seu antecesor Fornos, un restaurante de aqueles de-toda-a-vida, aínda que ten un público moi distinto. A carta, chea de ensaladas e pastas, atrae a traballadores dos comercios de moda, parellas de feito e de posibles, rapazada entrada nos trinta e larpeiros coma nós.
Na entrada, un ambente romántico con lampadas de pé nas mesiñas, unha acollida amable e despois... ó noso carón contemplamos apampados un mural que parece de Urbano Lugrís, famoso pintor surrealista coruñes (1908-1973). Logo de ter examinado a fermosa pintura comprobamos que é auténtica, e que está alí, na zona de fumadores do restaurante, manda carallo!!
Pasando ó que é a paparota en si mesma, e despois de ler a carta que asemellaba o códice calixtino, decantámonos, como case sempre, polo menú, aínda que esta vez non tiñamos outra, había laconada. Tras uns minutos de silencio cómplice, quedamos en que o lacón, os grelos e a media pataca estaban esquisitos, aínda que sobraban os garavanzos, como comprobaría máis adiante nas miñas propias carnes.
Todo foi por 15 euros por barba. Como dixo McArthur, volveremos!
3 comentarios:
Noraboa por tu bautizo Javi¡. Nacho ya es un clásico en la blogosfera. Bueno, ahí van mis comentarios. Lamento mucho no coincidir en lo del trato. Las veces que he estado es bastante deficiente.
Por cierto chicos, por qué no hacéis unos enlaces a Google maps para localizar los bares y restaurantes. Otra cosa ¿admitis colaboraciones?
Un saludo, Javi.
Eu concordo co dos hipervínculos e mapiñas. ¿Que é un blog sen ellaces?
Graciñas polos vosos comentarios. Xa pondremos os mapiñas de Google para satisfacer as ansias dos webdospuntoceros.
Fry, claro que admitimos colaboracións, sobre todo se veñen de larpeiros recoñecidos.
Publicar un comentario en la entrada