miércoles, 21 de abril de 2010

Neotascas

A definición de tasca no Diccionario da RAG é: "establecemento público onde se serven bebidas, xeralmente de carácter modesto e popular, ou ben de estilo rústico", é añade unha frase a xeito: "polas noitas está sempre na taberna tomando viño ou xogando a partida cos amigos", frase recollida do acervo popular que escenifica a queixa da muller pola vida libertina do seu home. Hoxe quedan poucas tabernas desas que di a RAG que sirvan viño de garrafa ó populacho, e as que hai tiveron que adaptarse ós tempos. Algunhas seguiron o exemplo dos discopubs, mistura entre discoteca e pub, convertindo a tasca en local nocturno. Un exemplo o temos na disco-tasca Taraska de Santiago. Tanto nos discopubs como nas discotascas, una fermosa bola de cristal colgada do teito era dabondo para darlle ese carácter discotequeiro. Noutros casos, a tasca reconvertiuse en pequenos restaurantes xeitosos e abistroitados que ofrecen menús axeitados a petos semivaleiros. Coido que o termo axeitado para tales locais é o de neotascas.

Dúas neotascas que visitamos nos últimos tempos foron Casa Ponte en Juan Flórez e La Buena Sombra en Fernández Latorre, na Coruña. A primeira, máis enxebre, conserva ben o seu pasado tabernario, mentres que a segunda reformouse para se convertir en neotasca. Comer, cómese ben nas dúas, e na hora do pagamento non deixas á nomina enriba da mesa. Gustoume moito o trato profesional de La Buena Sombre e a súa selección de viños.

Google maps